 |
| Xosé Neira Vilas |
Xosé Neira Vilas, nado en
Gres, Vila de Cruces, o
3 de novembro de
1928, é un escritor
galego.
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En
1949 emigrou a
Arxentina e entra en contacto con
galeguistas como
Luís Seoane,
Rafael Dieste,
Ramón Suárez Picallo,
Lorenzo Varela ou
Ramón de Valenzuela e en
1953 funda as
Mocedades Galeguistas, casa coa escritora
Anisia Miranda en
1957 e funda a editorial
Follas Novas. En
1961 marcha a
Cuba coa súa dona. Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en
1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

A súa obra
Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da
literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo
rural e a
emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
Segundo o seu autor,
Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de
1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz
labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da
comarca de Deza, na aldea de
Gres, en
Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.
O libro tivo como primeiro lector a
Rafael Dieste. Deseguido,
Luís Seoane amosou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira
edición. E foi moi ben acollido na
diáspora galega e enviáronse a Galiza algúns centos de exemplares que foron divulgados e así mesmo tamén gozaron dunha boa acollida.
Hoxe é o libro máis lido da literatura galega e está traducido a
algunhas das linguas máis faladas (alemán, chinés, portugués, español,
ruso, italiano, checo, inglés, francés...)