sexta-feira, 17 de maio de 2013

Día das letras galegas: Unha homenaxe a Rosalía de Castro


"Cantarte hei, Galicia
teus dulces cantares,
qu'así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males, 
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si ríe,
conmove si chora.

Cal ela ningunha
tan dulce que cante
soidades amargas, 
sospiros amantes,

Misterios da tarde,
murmuxos da noite:
cantarte hei, Galicia,
na beira das fontes..."

quarta-feira, 1 de maio de 2013

Rosalía de Castro e Cantares Gallegos


Rosalía de Castro
Rosalía de Castro é autora dunha das obras fundamentais da literatura galega de todos os tempos. O seu libro Cantares gallegos é considerado como a primeira grande obra da literatura galega moderna.

A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas.

A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867).


Unha das moitas versións
de Cantares Gallegos
A obra fundacional do Rexurdimento, 35 poemas de amor á terra e á lingua galegas.

A primeira obra moderna da literatura galega está formada por trinta e cinco poemas baseados en versos populares. A través deles Rosalía traza pasaxes líricas nas que se suceden o costumismo, a poesía amorosa e a sátira, sempre dende a perspectiva do amor pola cultura popular e rural de Galicia. Trátase dun texto fundamental na literatura galega, polo seu contido e pola súa significación.