Mostrando postagens com marcador Literatura galega. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Literatura galega. Mostrar todas as postagens
sábado, 25 de julho de 2020
Destaques galegos no padroeiro
A Raposa Preppie oferece nesse dia do padroeiro da Espanha e da Galicia (São Tiago Maior) dois livros infanto-juvenis da série Merlin da editora Xerais com sua devida sinopse para o público brasileiro conhece-las.
sexta-feira, 17 de maio de 2019
Hoxe é un día rosaliano que, no fondo, conmemora a aparición de "Cantares gallegos".
(...)
E non me namora, non,
¡maldizoado!,
mentras o meu corazón
quérelle anque sea pecado.
(...)
E non me namora, non,
¡maldizoado!,
mentras o meu corazón
quérelle anque sea pecado.
E vai tras de outras mociñas
tan contento,
i eu, con unhas cadeíñas,
prendíno ó meu pensamento.
E que queira que non queira,
está comigo,
i á postre i á derradeira,
con el me atenta o enemigo.
(...)
tan contento,
i eu, con unhas cadeíñas,
prendíno ó meu pensamento.
E que queira que non queira,
está comigo,
i á postre i á derradeira,
con el me atenta o enemigo.
(...)
domingo, 27 de abril de 2014
Portugaliza literatura
Coleção "Amor de Perdição" e "Follas Novas" da Edições Caixotim: Rosalía de Castro, grande poeta galega, e Camilo Castelo Branco, irmanados pela grandeza da sua escrita, foram editados em edição dupla, os títulos "Amor de Perdição" e "Follas Novas", numa iniciativa da Fundación Rosalía de Castro e da Casa Museu Camilo, pelas Edições Caixotim, numa belíssima caixa, em Dezembro de 2006.
Com prefácio e fixação de texto Aníbal Pinto de Castro (Amor de Perdição) e prefácio de Xesús Alonso Montero (Follas Novas)
Novo Tema do livro: Romance
Título original do livro: Amor de Perdição e Follas novas
Autor(es): Camilo Castelo Branco e Rosalía de Castro
Colecção: Caixotim Clássico Editora: Edições Caixotim
Nº da Edição: 1ª Edição Ano de edição: 2006-2009
Idioma: Português Formato: Normal
Nº de Páginas: 300 (Amor de Perdição) + 255 (Follas Novas)
Tipo de capa: Capa Dura
Veja na página do site Troika de Livros
"Rosalía de Castro, a grande poeta galega, e Camilo Castelo Branco, o grande narrador portugués, estaban irmandados antes de que os responsables de manter o seu recordo e difundir a sua obra decidiran celebrar senllos actos de sinatura de fraternidade nos lugares da Matanza (Pádron) e Ceide (Vila Nova de Famalicão) a finais do ano 2005.[…] A publicación dupla de Follas novas de Rosalía de Castro e Amor de Perdição é o primeiro espazo de colaboración entre a Fundación Rosalía de Castro e a Casa-Museu de Camilo. Centro de Estudos Camilianos, da Câmara Municipal de Vila Nova de Famalicão”.
Presentación en galego de Helena Villar Janeiro
![]() |
| Dois grandes escritores numa coleção. |

| Follas Novas de Rosalía de castro e Amor de Perdição de Camilo Castelo Branco. |
Rosalía
de Castro, grande poeta galega, e Camilo Castelo Branco, irmanados pela
grandeza da sua escrita, foram editados em edição dupla, os títulos
"Amor de Perdição"* e "Follas Novas"**, numa iniciativa da Fundación
Rosalía de Castro e da Casa Museu Camilo, pelas Edições Caixotim, numa
belíssima caixa, em Dezembro de 2006.
* prefácio e fixação de texto Aníbal Pinto de Castro
** prefácio de Xesús Alonso Montero
Condição de utilização: Novo
Tema do livro: Romance
Título original do livro: Amor de Perdição e Follas novas
Autor(es): Camilo Castelo Branco e Rosalía de Castro
Colecção: Caixotim Clássico
Editora: Edições Caixotim
Nº da Edição: 1ª Edição
Ano de edição: 2006-2009
Idioma: Português
Formato: Normal
Nº de Páginas: 300 + 255
Tipo de capa: Capa Dura
- See more at:
http://www.troikadelivros.com/ListagemLivroDetalhe.aspx?id_livro=5768#sthash.wik37SwK.dpuf
sábado, 26 de abril de 2014
Galicia e o Día Internacional do Libro
A Raposa Preppie publica hoje três reportagens publicadas no site da Televisión de Galicia destacando o Día interncional do Libro, aproveitem.
O 53% dos galegos le habitualmente
Neste 23 de abril os libros locen cun brillo especial. Entramos nunha librería e atopamos dúas ducias de nenos somerxidos na historia que narra un contacontos. Máis aló, outra historia e outra persoa somerxida nela...Os libreiros falan de promover a lectura e falan das obras máis demandadas: "El paciente", "El jilguero" ou "Maternosofía", din na librería Cronopio.
Este día do libro quedou marcado pola morte de García Márquez. Queda o seu realismo máximo... e tamén o de Cunqueiro, por exemplo. Cada vez hai máis opcións para ler: libros de segunda man, libros en soporte dixital, libros que se comparten...
Cada un ten as súas preferencias e as súas recomendacións. "Vou regalar Los renglones torcidos de Dios porque me gustou moito" "Eu regalaría Pepa A Loba, de Carlos Reigosa", afirman dúas mulleres. O 60% dos españois le no seu tempo libro e o 47% afirma que o fai cunha frecuencia diaria.
http://www.crtvg.es/informativos/o-53-dos-galegos-le-habitualmente-800792
Día do libro nas escolas
Nos centros educativos, practicamente en todos, celébrase tamén este día.Lecturas colectivas, obradoiros de creación literaria e outras moitas actividades tiveron como escenario as bibliotecas escolares durante toda a mañá. A unha delas achegouse o conselleiro de Cultura e Educación, que felicitou o profesorado polo seu traballo a prol da lectura entre os rapaces.
http://www.crtvg.es/informativos/dia-do-libro-nas-escolas-800791
A etiqueta #EnGalegoLeo, tema do día en Twitter
A etiqueta "EnGalegoLeo", unha iniciativa da CRTVG para fomentar a lectura en galego, triunfa en Twitter. Coincidindo co Día do Libro, convertíase este mediodía nun dos temas do día desta rede social. A campaña pretende que cada usuario recomende un libro na nosa lingua, subindo fotos coa súa lectura favorita.
quarta-feira, 1 de maio de 2013
Rosalía de Castro e Cantares Gallegos
![]() |
| Rosalía de Castro |
A importancia literaria mais tamén simbólica deste poemario bótase de ver no feito de que a data da súa publicación, o 17 de maio, fose instaurada pola Real Academia Galega como Día das Letras Galegas.
A obra da poeta inclúe outro dos poemarios máis sobranceiros da literatura galega, Follas novas (1880), e En las orillas del Sar, escrito en castelán, lingua na que tamén escribiu novelas coma La hija del mar (1859) e El caballero de las botas azules (1867).
A obra fundacional do Rexurdimento, 35 poemas de amor á terra e á lingua galegas.
A primeira obra moderna da literatura galega está formada por trinta e cinco poemas baseados en versos populares. A través deles Rosalía traza pasaxes líricas nas que se suceden o costumismo, a poesía amorosa e a sátira, sempre dende a perspectiva do amor pola cultura popular e rural de Galicia. Trátase dun texto fundamental na literatura galega, polo seu contido e pola súa significación.
![]() |
| Unha das moitas versións de Cantares Gallegos |
A primeira obra moderna da literatura galega está formada por trinta e cinco poemas baseados en versos populares. A través deles Rosalía traza pasaxes líricas nas que se suceden o costumismo, a poesía amorosa e a sátira, sempre dende a perspectiva do amor pola cultura popular e rural de Galicia. Trátase dun texto fundamental na literatura galega, polo seu contido e pola súa significación.
sábado, 30 de março de 2013
Escritores Galegos 2: Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
![]() |
| Xosé Neira Vilas |
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona. Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.
O libro tivo como primeiro lector a Rafael Dieste. Deseguido, Luís Seoane amosou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición. E foi moi ben acollido na diáspora galega e enviáronse a Galiza algúns centos de exemplares que foron divulgados e así mesmo tamén gozaron dunha boa acollida.
Hoxe é o libro máis lido da literatura galega e está traducido a algunhas das linguas máis faladas (alemán, chinés, portugués, español, ruso, italiano, checo, inglés, francés...)
segunda-feira, 10 de dezembro de 2012
Vida e Obras de Castelao (en galego)
Alfonso Daniel Manuel
Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o
30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo
galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na
súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura
máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor
ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran
influencia no teatro galego.
Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.
Sempre en Galiza:
Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
- Libros
- Retrincos. Un ollo de vidro:
- Prosa estilizada e sensible nalgunhas das pezas máis significativas da narrativa galega.
- Os vellos non deben de namorarse:
Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran
influencia no teatro galego. Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.
Sempre en Galiza:
Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
Assinar:
Postagens (Atom)