A Raposa Preppie publica hoje três reportagens publicadas no site da Televisión de Galicia destacando o Día interncional do Libro, aproveitem.
O 53% dos galegos le habitualmente
Neste 23 de abril os libros locen cun brillo especial. Entramos nunha librería e atopamos dúas ducias de nenos somerxidos na historia que narra un contacontos. Máis aló, outra historia e outra persoa somerxida nela...Os libreiros falan de promover a lectura e falan das obras máis demandadas: "El paciente", "El jilguero" ou "Maternosofía", din na librería Cronopio.
Este día do libro quedou marcado pola morte de García Márquez. Queda o seu realismo máximo... e tamén o de Cunqueiro, por exemplo. Cada vez hai máis opcións para ler: libros de segunda man, libros en soporte dixital, libros que se comparten...
Cada un ten as súas preferencias e as súas recomendacións. "Vou regalar Los renglones torcidos de Dios porque me gustou moito" "Eu regalaría Pepa A Loba, de Carlos Reigosa", afirman dúas mulleres. O 60% dos españois le no seu tempo libro e o 47% afirma que o fai cunha frecuencia diaria.
http://www.crtvg.es/informativos/o-53-dos-galegos-le-habitualmente-800792
Día do libro nas escolas
Nos centros educativos, practicamente en todos, celébrase tamén este día.Lecturas colectivas, obradoiros de creación literaria e outras moitas actividades tiveron como escenario as bibliotecas escolares durante toda a mañá. A unha delas achegouse o conselleiro de Cultura e Educación, que felicitou o profesorado polo seu traballo a prol da lectura entre os rapaces.
http://www.crtvg.es/informativos/dia-do-libro-nas-escolas-800791
A etiqueta #EnGalegoLeo, tema do día en Twitter
A etiqueta "EnGalegoLeo", unha iniciativa da CRTVG para fomentar a lectura en galego, triunfa en Twitter. Coincidindo co Día do Libro, convertíase este mediodía nun dos temas do día desta rede social. A campaña pretende que cada usuario recomende un libro na nosa lingua, subindo fotos coa súa lectura favorita.


Nenhum comentário:
Postar um comentário