- Libros
- Retrincos. Un ollo de vidro:
- Prosa estilizada e sensible nalgunhas das pezas máis significativas da narrativa galega.
- Os vellos non deben de namorarse:

Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.
Sempre en Galiza:
Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário