Assinar:
Postar comentários (Atom)
A filla do ladrón de bicicletas de
Teresa González Costa
(Autor),
Jacobo Fernández Serrano
(Ilustrador): Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona
Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser
equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue
abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non
serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle
ocasionan a panda de Martiño o Bravo. O xurado da XXVª edición do Premio
Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta
primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando "a perfecta
combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha
bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que
guía con eficacia o desenvolvemento da historia". A filla do ladrón de
bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para
lectores de 11 anos en diante.
Nenhum comentário:
Postar um comentário