![]() |
Cartaz reintegrata. |
Hai galego nas teles? Nos xornais? Na declaración da renda? Hai
videoxogos en galego? O galego existe nas apps dos móbiles? Por qué os
móbiles non teñen a opción de configurar
o menú en galego? Por qué non hai radios que emitan en galego? E
películas? A etiquetaxe dos produtos dos supermercados está tamén en
galego? Cómo é posíbel que só un 5% das sentencias xudiciais sexan en
galego? Por qué na maioria de traballos de atención ao público
prohíbenche comunicarte en galego cos clientes? Por qué a maioria de
clases universitarias son só en castelán ? Por qué as academias de
opositores non dan ningunha clase en galego? Por qué as empresas non dan
facturas en galego aínda cas pidas? Por qué os tíquets dos súpers non
están tamén en galego? Por qué as entradas e carteis de concertos non
están tamén en galego? Por qué os poucos cativos que entran na escola
falando galego saen dela falando castelán?
Me contento declamando versos sobre Rosalia e Portugal, os poetas e Eugénio de Andrade:
como no poema de Blake
sobre a terra molhada
Terra
que prolonga a minha,
onde a pobreza trabalha
cada leira,cada palavra.
E a melancolía
rói e remói
os ossos, a pedra.
TERRA DE ROSALÍA.
Nenhum comentário:
Postar um comentário