sábado, 6 de abril de 2019

Tempos de censura

"Bando", Manuel María, Documentos persoais (1958).

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo …

Están fóra da Lei
a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar…
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar…
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.
Dáse este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário