quarta-feira, 11 de setembro de 2019

Poemas anónimos galegos

Miña amada...
Anúbranche a ollada
Co fume das lapas.
A túa pel de seda
Ferida, ultraxada...

Nos cumios as bágoas
Nos vales, nas chairas.
De grises tinxidos
Os azuis desas túas augas:
Os mares, regatos
Os ríos que cantan
Os alalás do pobo,
Muiñeiras, muiñadas.
E tales cantares tornáronse
Mágoas;
Dos castiñeiros espidos
No fragor das chamas,
E no alto das abeleiras
Queixumes das fadas
Qué moran nas fragas
E habelas... Hailas!!
Miña queridiña...
Dende as Rías Baixas
Ata as máis Altas;
Árdenos a Galiza
E ninguén fai nada.
A túa pel de seda
Ferida, ultraxada...

 

"Nos cumios as bágoas" de Amali@DR

Nenhum comentário:

Postar um comentário